jueves, 28 de mayo de 2015

Album fotográfico


No seguinte enlace podedes ver as fotografías das distintas actividades realizadas na biblioteca organizadas por trimestres.

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


   Xosé F. Filgueira Valverde nace o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 13 de setembro de 1996. Cursa o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e Castelao. Estuda Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza. Aquí coñece o profesor Armando Cotarelo Valledor, que será director da súa tese de doutoramento. Ademais do seu labor profesional como docente e director no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra cómpre destacar a súa extensa traxectoria intelectual centrada en diversos ámbitos de estudo e tres eixes: a historia, a cultura e a lingua galega.  
  FONTE : http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

                                                                                                                    


 ENLACES A XOGOS E OUTROS RECURSOS NA REDE:

Pasapalabra Día das Letras Galegas
Xogo de investigación sobre o Autor
Recursos variados
Fundación F.Valverde



miércoles, 6 de mayo de 2015

Animación á poesía: Mar Benegas



Hoxe foi un día moi especial na biblioteca. Mar Benegas  visitounos e tivemos ocasión de escoitar moitos dos seus poemas recitados por ela e ademais participamos nun fermoso taller de poesía.

Tamén lle regalamos a nosa versión de A LO BESTIA que en breve estará dispoñible para visualizar.

Fotografias do encontro.


miércoles, 15 de abril de 2015


Programación prevista para o Día Mundial do Libro:

ABRIL:

1.Semana 13 ao 17 : " Contadas dos nen@s".

2.Semana do 20 ao 24 " Feira Trocolibro 2015"