Mostrando entradas con la etiqueta 5.1º Timestre. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5.1º Timestre. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL


Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.







Interpretación da obra: ¡Mamasiña que medo!





Fotografías do festival: ACCEDER



martes, 16 de diciembre de 2014

Esta é a nosa proposta de agasallos literarios para este Nadal que chegará ás vosas casas na vindeira semana. Ides atopar moita,  música pois a producción de libros-discos en galego este ano é ampla e de moita calidade, tamén eses libros de cociña que tanto lles gustan a nenos e nenas, algúns xogos de mesa . Agardamos  que estas propostas sexan do voso agrado.





Outras recomendacións de bibliotecas escolares....ver

viernes, 5 de diciembre de 2014

NELSON MANDELA

 Tal día coma hoxe en  2013 falleceu Nelson Mandela. Moitos lestes a sua biografía na biblioteca. Ravertiña deixa a vosa disposición unha conferencia subtitulada sobre o que foi a súa vida.


miércoles, 19 de noviembre de 2014

20 de NOVEMBRO " DÍA UNIVERSAL D@S NEN@S"

         O 20 de Novembro  é o Día mundial dos dereitos  d@s nen@s. Moitos millóns de nenos e nenas en todo o planeta están sufrindo por diversas causas: guerras, fames,clima ,enfermidades..... Os países e as persoas que estamos en mellor situación  temos a obriga de colaborar na medida do posible.

Vexamos un video sobre a historia dos dereitos da infancia e logo unha presentación de ditos dereitos.



 Os dereitos da infancia no mundo!


Despois de ver esta presentación entrade na ¡ lotería da vida!

martes, 4 de noviembre de 2014

         Xa están a vosa disposición algunhas fotos da semana da ciencia.Como sabedes este ano o alumnado de 5º de E.Primaria baixo a dirección da profe Marisa organizaron unha rolda de experimentos  nos cales participou toda a escola.

A continuación podedes acceder á presentanción feita pola profe Marisa coa información detallada dos experimentos realizados na biblioteca.


                               ÁLBUME FOTOGRÁFICO SEMANA DA CIENCIA 2014 

>

miércoles, 22 de octubre de 2014

                                  -SAMAÍN -
Este ano desde o equipo de Biblioteca propoñemos as seguintes actividades para o Samain:

- Exposición de libros terroríficos e outros relacionados co Samain.


-Publicación de conxuros terroríficos para conseguir distintos propósitos. Estes conxuros deberán ir nun folio A4 decorado para a ocasión.



 Ravertiña seleccionou para vos uns cantos videos,poemas conxuros,curtametraxes,animacións  relacionados coa temática do Samain desexando  que sexa do voso agrado.

Album fotográfico Samain 2014


jueves, 2 de octubre de 2014

        POESÍA PARA TOD@S!

Comezamos este curso cun proxecto moi interesante sobre poesía e todo o que ten que ver con ela. Ravertiña pon a vosa disposición toda clase de recursos para navegar por este fantástico mundo da poesía.



5º e 6º de E.P  tedes á vosa disposición unha webquest  sobre poesia  do CEIP Tirso de Molina.

acceder