jueves, 28 de mayo de 2015

Album fotográfico


No seguinte enlace podedes ver as fotografías das distintas actividades realizadas na biblioteca organizadas por trimestres.

lunes, 11 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015


   Xosé F. Filgueira Valverde nace o 28 de outubro de 1906 en Pontevedra, onde reside boa parte da súa vida e falece o 13 de setembro de 1996. Cursa o bacharelato na cidade, onde foi discípulo de Losada Diéguez e Castelao. Estuda Filosofía e Letras e mais Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Zaragoza. Aquí coñece o profesor Armando Cotarelo Valledor, que será director da súa tese de doutoramento. Ademais do seu labor profesional como docente e director no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra cómpre destacar a súa extensa traxectoria intelectual centrada en diversos ámbitos de estudo e tres eixes: a historia, a cultura e a lingua galega.  
  FONTE : http://www.xunta.es/linguagalega/xose_filgueira_valverde

                                                                                                                    


 ENLACES A XOGOS E OUTROS RECURSOS NA REDE:

Pasapalabra Día das Letras Galegas
Xogo de investigación sobre o Autor
Recursos variados
Fundación F.Valverde



miércoles, 6 de mayo de 2015

Animación á poesía: Mar Benegas



Hoxe foi un día moi especial na biblioteca. Mar Benegas  visitounos e tivemos ocasión de escoitar moitos dos seus poemas recitados por ela e ademais participamos nun fermoso taller de poesía.

Tamén lle regalamos a nosa versión de A LO BESTIA que en breve estará dispoñible para visualizar.

Fotografias do encontro.


miércoles, 15 de abril de 2015


Programación prevista para o Día Mundial do Libro:

ABRIL:

1.Semana 13 ao 17 : " Contadas dos nen@s".

2.Semana do 20 ao 24 " Feira Trocolibro 2015"

miércoles, 4 de marzo de 2015

8 MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA:

O vindeiro 8 de marzo celebrase o día da muller traballadora. No seguinte enlace podedes acceder a distintos recursos relacionados coa Muller traballadora que colgou na sua web a biblioteca Milladoiro de Malpica.

Recursos para o Día da Muller traballadora


SEMANA DA PRENSA

Recursos para a Semana da Prensa





lunes, 23 de febrero de 2015

Os nenos e nenas do CEIP MANUEL RIVERO estrearon  esta cantiga  para recibir ao poeta Antón García Teijeiro.



Podedes escoitar a cantiga enteira se cliqueades  en cantiga.

Partitura para flauta e voz : descargar

Acompañamento: descargar

DÍA DE ROSALÍA

O vindeiro 24 de Febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Ravertiña pon a vosa disposición recursos para recordala e aprender mais sobre ela.

MURAL SOBRE ROSALIA

MÚSICA: Carlos Núñez musicalizou alguns poemas de Rosalía de Castro merece a pena escoitalos.

ALBORADA DE ROSALIA

ASTROS Y FUENTES  ----------LETRA



jueves, 12 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015:

Xa chegaron! A neve non impediu a D. Manoel e Dna. Xertrudis vir, coma todos os anos, pasar o entroido con nós. Estade atentos aos seus mandados todos os días se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!!!
LUNS 9: 
Entroido entroideiro, o luns
todos e todas con sombreiro. 
MARTES 10:
O martes... elegantes imos chegar,
cun zapato de cada par.      
MÉRCORES 11:  
Gravata has de traer
se da nobreza queres parecer.
XOVES 12:
 Non teñas présa en te vestir,
á escola co pixama has de vir.
VENRES 13:  
Non importa o disfraz,
do que queiras, vestido  virás.   

RECURSOS PARA TRABALLAR O ENTROIDO :
De novo Coordenadora de ENL pon a disposición de todxs máis recursos educativos para estas datas.

domingo, 25 de enero de 2015

DÍA DA PAZ 30DE XANEIRO



O vindeiro 30 de xaneiro celébrase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA. No hipervínculo anterior podedes  acceder a distintas actividades relacionadas co Día da Paz. 
No seguinte video poderes ver o discurso que  Malala premio nobel da paz do ano 2014 ofereceu na ONU.




VER FOTOS DÍA DA PAZ

domingo, 4 de enero de 2015

FESTIVAL DE NADAL


Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura... O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo... para morrer de risa.







Interpretación da obra: ¡Mamasiña que medo!





Fotografías do festival: ACCEDER



jueves, 18 de diciembre de 2014

Biblioteca de Alejandria


A biblioteca de Alejandría foi a biblioteca mais importante do mundo antiguo. No seguinte vídeo de  podedes ver a historiade esta biblioteca .





martes, 16 de diciembre de 2014

Esta é a nosa proposta de agasallos literarios para este Nadal que chegará ás vosas casas na vindeira semana. Ides atopar moita,  música pois a producción de libros-discos en galego este ano é ampla e de moita calidade, tamén eses libros de cociña que tanto lles gustan a nenos e nenas, algúns xogos de mesa . Agardamos  que estas propostas sexan do voso agrado.





Outras recomendacións de bibliotecas escolares....ver

sábado, 13 de diciembre de 2014

BIBLIOMISTERIO

Bibliomisterio: Que e? E unha sección na que porei infromación sobre as bibliotecas mais impresionantes do mundo. Biblioteca Nacional de España : É unha das mais importantes de España.

Como é por dentro?





viernes, 5 de diciembre de 2014

NELSON MANDELA

 Tal día coma hoxe en  2013 falleceu Nelson Mandela. Moitos lestes a sua biografía na biblioteca. Ravertiña deixa a vosa disposición unha conferencia subtitulada sobre o que foi a súa vida.


miércoles, 19 de noviembre de 2014

20 de NOVEMBRO " DÍA UNIVERSAL D@S NEN@S"

         O 20 de Novembro  é o Día mundial dos dereitos  d@s nen@s. Moitos millóns de nenos e nenas en todo o planeta están sufrindo por diversas causas: guerras, fames,clima ,enfermidades..... Os países e as persoas que estamos en mellor situación  temos a obriga de colaborar na medida do posible.

Vexamos un video sobre a historia dos dereitos da infancia e logo unha presentación de ditos dereitos.



 Os dereitos da infancia no mundo!


Despois de ver esta presentación entrade na ¡ lotería da vida!

martes, 4 de noviembre de 2014

         Xa están a vosa disposición algunhas fotos da semana da ciencia.Como sabedes este ano o alumnado de 5º de E.Primaria baixo a dirección da profe Marisa organizaron unha rolda de experimentos  nos cales participou toda a escola.

A continuación podedes acceder á presentanción feita pola profe Marisa coa información detallada dos experimentos realizados na biblioteca.


                               ÁLBUME FOTOGRÁFICO SEMANA DA CIENCIA 2014 

>

miércoles, 22 de octubre de 2014

                                  -SAMAÍN -
Este ano desde o equipo de Biblioteca propoñemos as seguintes actividades para o Samain:

- Exposición de libros terroríficos e outros relacionados co Samain.


-Publicación de conxuros terroríficos para conseguir distintos propósitos. Estes conxuros deberán ir nun folio A4 decorado para a ocasión.



 Ravertiña seleccionou para vos uns cantos videos,poemas conxuros,curtametraxes,animacións  relacionados coa temática do Samain desexando  que sexa do voso agrado.

Album fotográfico Samain 2014